A Concellaría de Cultura, a través das bibliotecas municipais, ven de convocar as actividades de verán para este ano 2025 nas que pretendemos que a rapazada participante dispoña dun tempo de lecer e aprendizaxe e que, xunto con Proyecto Bululú, pasen uns días de divertimento e formación con xogos, contos…
As bibliotecas Central (Henrique Rabuñal) e de Meicende (Antón Castro) serán as destinatarias con dúas quendas na Central e unha en Meicende.
Anotacións por teléfono ou ben presencialmente dende o día 2 e ata o día 20 de xuño nas bibliotecas Central (981659106) e de Meicende (981274027) no caso de superar o número de prazas haberá un sorteo o día 24 de xuño ás 12 horas.
Atención aos horarios das bibliotecas xa que, a partires do día 18, será de 9 a 14 horas de luns a venres.