A empresa pública SUMARTE acometerá a semana próxima, entre o 27 de novembro e o 1 de decembro, unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a rede de auga nos núcleos de Uxes, Souto e Freán. Estes traballos poderían supoñer alteracións no suministro, salvo imprevistos, nos mesmos puntos de actuación.
SUMARTE aconsella aos usuarios vixiar que ningunha billa quede aberta para evitar posibles perdas innecesarias de auga, así como incidencias nas instalacións interiores durante o restablecemento do servizo.