A biblioteca pon en marcha a súa particular escola de maxia na primeira quenda do mes de xullo. Entre o 4 e o 8 dese mes a rede municipal organiza unha serie de actividades, entre as 10 e as 13 h, e de luns a venres, destinadas a espertar pola maxia. «Abracadabra» terá lugar nas bibliotecas de Arteixo e Meicende e hai 25 prazas dispoñibles en cada unha das bibliotecas.
Trátase da primeira parte da oferta veraniega da Biblioteca que se completará, entre o 11 e o 15 de xullo e no mesmo horario e días, con «A illa dos piratas».
En ambos casos a motivación á lectura, ó lecer e a curiosidade da rapazada son os obxectivos principais.
O proceso de inscrición será a partir do luns día 13 de xuño ata o vindeiro 21. Haberá un sorteo de prazas, se é necesario, o 22 de xuño ás 12 horas.