O Campo da festa acolle entre o 1 e o 3 de marzo próximos unha nova edición da Feira de Oportunidades e do motor que organiza o Concello en colaboración co Centro Comercial Aberto
Será no campo da festa e, nesta ocasión, a actividade comercial acompáñase dunha ampla programación con distintos eventos lúdicos como concertos ou espectáculos de baile.
As compras que se realicen durante estes días nos postos da feira servirán,como é habitual, para participar no «Racing de compras» no que as persoas gañadoras poderán obter un vale de 1000 euros para gastar nun período de 15 minutos.