Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Un novo camión de carga traseira reforza o servizo de recollida nas zonas rurais

/ Un novo camión de carga traseira reforza o servizo de recollida nas zonas rurais

O Concello ven de incorporar ao servizo de recollida de residuos un novo camión de carga lateral co que pretende reforzar este servizo nas zonas rurais. Ata este momento só un dos cinco camións da flota municipal actual accedía a estas zonas.

A incorporación deste vehículo supón que, a partir de esta semana o servizo público de recollida de residuos estará composto por seis camións. Catro deles adicados á recollida vertical e dous de carga traseira.

O Concello xa mellorara hai unhas semanas a recollida de cartón coa sustitución dos contedores por outros de maior capacidade debido ao incremento da reciclaxe por parte da veciñanza. Os técnicos xa instalaran novos colectores o pasado mes de xullo , como proba piloto, na Avenida do Balneario, Praza das Viñas, Travesía de Arteixo e rúa Capela.

Os novos contedores expándense agora a outras zonas urbanas coa mesma necesidade.

Arteixo municipalizou o servizo de recollida de residuos en 2018 e instalou daquela isletas de cinco fraccións. Desde ese momento as porcentaxes de recilcaxe medraron ata, como constata ECOEMBES, a entidade encargada da xestión da reciclaxe de papel e cartón, en seis kilos por habitante en dous anos pasando dos 11 kilos de 2018 aos 17 de 2020.

O concello continúa ademáis reforzando o servizo coa instalación de novas isletas de cinco contedores en diversos puntos do municipio. Foron 21 novas isletas nas últimas semanas que únense deste xeito aos 2.000 contedores instalados a finais de 2018.

 

Ir al contenido