O Concello instalará, coa axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cinco tótems dixitais cos que pretende modernizar e revitalizar o comercio local e, deste xeito, xerar un impacto positivo e melloras na contorna urbana e modernizar os equipamentos comerciais existentes.
O concello, coa colaboración da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e da Cámara de Comercio de España, pretende con este proxecto que se actualice e enriqueza a oferta comercial de Arteixo, dinamizando o comercio local coa incorporación de novas tecnoloxías, de xeito que se potencie o tecido comercial favorecendo o incremento das vendas do pequeno comercio arteixán.
Esta iniciativa inclúese no Programa Operativo, Obxectivo Temático 3-Mellorar a Competitividade das Pemes, figurando a Cámara de España como Organismo Intermedio deste Programa Operativo.