Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Teatro, baile, exposicións e música para clausurar durante dous días as Actividades Sociais do curso 2021-2022

/ Teatro, baile, exposicións e música para clausurar durante dous días as Actividades Sociais do curso 2021-2022

O Departamento de Servizo Sociais programa dous días de actividades para clausurar todos os cursos impartidos ao longo deste curso 2021-2022.

Será o xoves 26 e o sábado 28 de maio e, en todos os casos, son actos abertos ao público e con entrada libre ata completar aforo.

O 26 de maio ábrese a mostra que recolle os traballos realizados nas aulas de Arte Floral, Bolillos, Costura, Labores, Manualidades, Patchwork e Pintura. Será na Sala de Exposicións do Centro Cívico ás 19.  A Mostra quedará exposta ata o día 3 de xuño e poderá visitarse de luns a venres de 16 a 19 horas; e os sábados, de 10 a 14 horas. Esta exposición acompáñse do Vídeo-Memoria das Actividade Sociais.

O teatro tamén protagonizará esta xornada de xoves coa actuación do grupo de Expresión teatral, que poñerá en escena a obra “OINK, OINK”. Ás 19.30h no auditorio do Centro Cívico.

O sábado tomarán o relevo as actuacións de canto e pandeireta, que executarán diversas pezas do repertorio tradicional galego. Actuarán os cinco grupos de Pandeireta que ensaian nos centros sociais de Pastoriza, O Rañal, Larín e O Foxo, e o grupo de Canto conformado por máis de 30 compoñentes. Será no anfiteatro do paseo fluvial a partir das 12h .

O pazo dos deportes acolle pola tarde, a partir das 19h, unha mostra-exhibiciñon de bailes, danzas do mundo e sevillanas na que actuarán arredor de 100 persoas que ensaian nos centros da Baiuca, Meicende, Pastoriza, Froxel, Rañobre, Lañas, Larín, Armentón e Monteagudo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ir al contenido