Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > SUMARTE ofrece a opción de recibir a factura de forma electrónica ou en papel

/ SUMARTE ofrece a opción de recibir a factura de forma electrónica ou en papel

SUMARTE iniciou este ano o envío das facturas de forma electrónica a todos aqueles que teñen domiciliada a factura na súa conta bancaria.
Aqueles que non teñan a factura domiciliada no banco seguirana recibindo en papel, pero poden cambiarse á factura electrónica poñéndose en contacto con SUMARTE a través do teléfono fixo 981659090, enviar un whatsapp ao 698193000 ou un mail a atencionalcliente@sumarte.gal . Tamén aqueles que no seu momento non facilitasen o seu correo electrónico poden facilitalo polos mesmos medios.
O obxectivo desta medida é dobre: ser máis sostibles medioambientalmente ao usar menos papel e aforrar recursos económicos en imprimir, repartir e arquivar as facuras. Aqueles usuarios que desexen seguir recibindo a factura en papel teñen esa posibilidade pero deben poñerse en contacto con SUMARTE para comunicalo.
Ir al contenido