Orde do 29 de setembro de 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade, publicada no DOG nº187, do 30 de setembro do 2022.
Obxecto:
Apoio as persoas autónomas, pequenas e medianas empresas que estean de alta e iniciasen a súa actividade económica con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.
Conceptos subvencionables (adquiridos entre o 01-01-2022 e data de presentación da solicitude):
– Equipamento informático.
– Activos intanxibles.
– Investimentos en eficiencia enerxética.
– Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
– Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
Intensidade da axuda
Desde o 30% ao 60% en función da contía do investimento.
Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):
O prazo de solicitude comezará as 13:00 h do 4 de outubro de 2022 e será dun mes. (https://sede.xunta.gal/). A concesión será por orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito.