Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Subvencións da Xunta de Galicia para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas

/ Subvencións da Xunta de Galicia para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas

Resolución do 22 de marzo de 2023, de Secretaría Xeral da Emigración pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, e se convocan para o ano 2023, publicada no DOG nº71, do 13 de abril do 2023 (procedemento PR937A).

Obxecto:

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas emigrantes galegas retornadas que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Beneficiarios:

Persoas galegas, cónxuxes ou similares, e os/as descendentes por consanguinidade, nacidas en Galicia que ao retornar a Galicia (a partir do 01-01-2021), emprendan unha actividade que implique alta no Réxime Especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.

Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de abril ao 29 de setembro de 2023.

Enlace ao DOG

Ir al contenido