Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Subvencións da Xunta de Galicia para o fomento e a consolidación do emprego nas empresas de nova creación e empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

/ Subvencións da Xunta de Galicia para o fomento e a consolidación do emprego nas empresas de nova creación e empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Orde do 30 de xuño de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade pola que se establecen bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas e nova creación, e Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (DOG núm. 137 de 20.07.2021). Procedementos TR807I e TR340E.

Obxecto
Promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas:

  • Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, entre o 1 de agosto de 2020 e o 31 de xullo de 2021.
  • Programa II. Axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT, para sufragar as accións, gastos e pagamentos entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.

 Prazo de solicitudes

  • Programa I (procedemento TR807I): desde o 21.07.2021 ao 20.08.2021.
  • Programa II (procedemento TR340E): desde o 21.07.2021 ao 30.09.2021.

Ambas obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Enlace DOG

Ir al contenido