Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Subvencións da Xunta de Galicia para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal, convocatoria ano 2022

Inicio > Subvencións da Xunta de Galicia para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal, convocatoria ano 2022

Orde do 22 de abril de 2022 da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, publicada no DOG nº98, do 23 de maio do 2022.

Obxecto:

Transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal (código de procedemento CO300C).

Beneficiarios:

  1. Comerciantes retallistas, que teñan a condición de peme, un número de empregados/as igual ou inferior a 20, estean dados de alta nos epígrafes do IAE do anexo II e III e que o establecemento comercial teña una superficie de venda igual ou inferior a 300 m2.
  2. Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

 

Actuacións subvencionables:

Gastos e investimentos que se realicen entre o 1 de decembro de 2021 e o 14 de outubro de 2022, e que afecten a:

1.- Dixitalización comercial.

2.- Modernización comercial de establecementos con tenda física.

Prazo de solicitudes:

Dende o 23.05.2022 ao 23.06.2022, por vía electrónica a través da sede electrónica

Enlace ao DOG

Ir al contenido