Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Subvencións da Xunta de Galicia para á contratación e formación de persoas mozas

/ Subvencións da Xunta de Galicia para á contratación e formación de persoas mozas

INCENTIVOS A CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DE PERSOAS MOZAS (procedemento TR353C)

 

Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 9 de agosto de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para promover a práctica profesional e a formación en competencias brandas das persoas mozas menores de 30 anos (DOG. núm. 160 do 24-08-2023).

Obxecto e finalidade:

Incentivos a persoas empregadoras e empresas para mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas desempregadas en Galicia a través de dúas liñas:

– Liña 1: programa de prácticas mediante contratos subscritos con persoas menores de 30 anos con titulación superior, para a obtención da práctica profesional.

– Liña 2: programa de formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia con persoas menores de 30 anos que carezan da cualificación profesional para poder concertar un contrato formativo para a práctica profesional.

Tamén serán subvencionables a formación en competencias brandas (habilidades sociais e comunicación, actitudes….) dun mínimo de 60 horas.

Ámbito temporal

Contratacións realizadas entre o 16-10-2022 e o 30-11-2023.

Prazo de solicitudes

Desde o 25 de agosto ao 2 de outubro de 2023, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

 

Enlace DOG

Ir al contenido