A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo pon en marcha, como cada ano, unha nova edición do programa «Ler Conta Moito», unha iniciartiva que pretende, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia incentivar o hábito de lectura, en todas as idades, desde un punto de vista lúdico e creativo.
Serán preto de vinte actividades en todas as sedes da biblioteca. Comezarán o próximo 26 de setembro e durarán ata finais de outubro. As actividades, agás as que especifiquen outras idades, serán para a rapazada de 4 a 11 anos e, en todos os casos ás 18.30 h.
Será necesaria inscrición previa que poderase formalizar a partir do día 14 de setembro.