Información
O Concello recibe unha nova subvención para o mantemento do Servizo de Atención Temperá, dependente da Concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, que dirixe Inés Ramos Álvarez. Esta nova axuda está destinada ao período 2024-2026.
A Atención Temperá consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.
Detección precoz
Tanto os profesionais dos centros educativos, como os membros do ámbito familiar e o pediatra de cabeceira, poden identificar necesidades como retraso ou dificultades no desenvolvemento motor, na linguaxe, nas relacións sociais e/ou nos procesos de aprendizaxe.
Cómo actúo?
Unha vez que se detecta unha necesidade, os proxenitores deberán acudir ó centro de saúde (se a identificación da necesidade se detecta no eido educativo ou familiar).
Para a atención no SAT, é imprescindible a derivación por parte do pediatra. Para efectuala, contan cun formulario de derivación específico.
Unha vez que as familias conten con dito formulario, terán que presentalo nos Servizos Sociais do Concello de Arteixo para a solicitude no SAT.
Cómo traballamos?
Para atender ás necesidades do/a menor e á súa familia, e seguindo o protocolo de atención temperá, é fundamental a coordinación continua cos diferentes axentes da contorna durante o proceso de intervención co fin de xeneralizar as melloras.
Dende o equipo do SAT, unha vez detectada a demanda, será asignado un coordinador de caso que será o encargado de realizar a intervención co/a menor e demáis axentes, de maneira global.
Xestión da lista de espera (en caso de ser necesaria)
- Atenderanse por orde de solicitude do servizo de atención temperá.
- Teñen prioridade os casos de menores dun ano e os casos de menores que cumpran 6 anos ese curso escolar (entre o 1 setembro e o 31 agosto).
- Para os menores dun ano, os criterios de prioridade serán:
- Problema estrutural físico puntual, con resolución breve (previsión de alta por cumprimento de obxectivos antes dos 3 anos de idade). Especificamente: tortícolis conxénita , plagiocefalia, problemas estruturais de cadeiras (luxación, subluxación, displasias, etc.).
- Signos de risco en neurodesarrollo, cun atraso maior de tres meses nos ítems de desenvolvemento.
- Para os maiores: priorizaranse todos para facer, polo menos, a valoración inicial.

Equipo e ubicación do SAT
| PROFESIONAL |
| – Psicóloga |
| – Logopeda |
| – Fisioterapeuta |
Todas elas contan con formación e experiencia en poboación pedriátrica e os axentes que os rodean.
O servizo de atención temperá do Concello de Arteixo ten a súa localización no local que está situado no baixo do Centro Residencial de maiores e Escola infantil, en Rúa Río Tambre s/n, C.P. 15142, Arteixo, A Coruña (entrada directa polo lado esquerdo do edificio).
Custo
O servizo é de balde para os usuarios.
Solicitude do servizo
Deberá estar prescrito polo servicio de Pediatría de calquera dos Centros de saúde do Sergas, situados en Arteixo.
Presentar a derivación de pediatría no Departamento de Servizos Sociais, ou ben a través de correo: atenciontempera@arteixo.org
Horario do Servizo de Atención Temperá (SAT)
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
| Mañá | 09:00-15:00 | 08:00-15:00 | 08:00-15:00 | 08:00-15:00 | 09:00-13:00 |
| Tarde | 15:30-18:30 | 15:30-18:30 | 15:30-18:30 | 15:30-18:30 |