Os servizos sociais
Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolverán as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos programas e servizos seguintes:
Programa de valoración, orientación e información
en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral, que se desenvolverá en todas as entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia.
Servizo de axuda no fogar (SAF)
que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.
Servizo de educación e apoio familiar
que integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
Programa básico de inserción social
que procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.
Programa de fomento da cooperación e solidariedade social
que facilite a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.
Na formulación e desenvolvemento dos programas básicos de actuación, os servizos sociais comunitarios incorporarán a perspectiva de anticipación e prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, das situacións causantes da exclusión social, a dependencia e a desprotección.
Servizos sociais conitinúa coas accións do programa de inclusión social destinado a colectivos en situación de especial vulnerabilidade ou en risco social
O Departamento de Servizos Sociais continúa co Programa de Inclusión Socialdestinado a colectivos en situación de especial vulnerabilidade ou en risco social, que inclúe as seguintes accións de apoio á inclusión sociolaboral:
REFORZO SOCIOEDUCATIVO
Orientado a proporcionar apoio ao alumnado para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro na etapa da escolarización obrigatoria, reducir os absentismos e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.
FORMACIÓN ADAPTADA
Nesta formación desenvólvense contidos relacionados coas medidas comprendidas na estratexia de inclusión social de Galicia, como a preparación para a adquisición de competencias clave e as accións de alfabetización dixital e informática básica.
MEDIACIÓN INTERCULTURAL.
Comprende accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos.
Estas actuacións están cofinanciadas pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027 Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS Tel.: 981 659 110 Fax: 981 601 221
Ría de Noia nº 2-15142 Arteixo Email: servizos.sociais@arteixo.org
nDOG 177 de 18 de setembro de 2023, ORDE do 6 de setembro de 2023 pola que se
establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, para os anos 2023 a 2025, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.