O Servizo de Protección Civil pertence á Área de Seguridade Cidadá do Concello de Arteixo e o seu obxecto é garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos potenciais ou actuais en situacións de emerxencia.
Servizos que presta
Prevención de situacións de emerxencia.
Coordinación das actuacións, asesoramento técnico e xestión da Protección Civil no ámbito do Concello, en situacións de emerxencia.
Asistencia e seguimento das situacións de risco e emerxencia no ámbito municipal.
Formación técnica dos voluntarios de Protección Civil.
Formación e información á poboación en xeral.
Colaboración con outras administracións públicas ou entidades privadas relacionadas con Protección Civil e coa seguridade cidadá.
Colaboración no Plan de Emerxencia Municipal.
Os nosos compromisos
Dispoñer dun servizo de atención de emerxencias.
Atender as consultas presenciais e telefónicas.
Responder a consultas realizadas a través de escritos presentados en Rexistro, por correo postal ou por correo electrónico, nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a súa recepción.
Ante situacións de emerxencia, difundir á poboación as medidas de prevención e recomendacións a través do departamento de prensa municipal.