Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Servizos Sociais pon en marcha un servizo gratuito de detección de problemas cognitivos e de psicomotrocidade a infancia

/ Servizos Sociais pon en marcha un servizo gratuito de detección de problemas cognitivos e de psicomotrocidade a infancia

A Concellería de Servizos Sociais que dirixe Inés Ramos, pon en marcha un servizo de Atención Temperá que terá como obxectivo detectar posibles necesidades ou transtornos no desarrollo da rapazada de 0 a 6 anos.

Trátase dun servizo gratuito que se desenvolverá a partir do luns 5 de setembro nas instalacións da Residencia de Maiores e Centro de Atención á Infancia de Arteixo, na rúa Río Tambre. Será en horario de mañá e tarde e contará cun equipo de profesionais especializados en fisioterapia, psicoloxía e logopedia que se encargarán de proporcionar os medios e recursos precisos para potenciar as capacidades de desenvolvemento e benestar dos nenos e nenas facilitándolles a convivencia da forma máis autónoma posible.

Este novo servizo, que prestará COGAMI (Confederación Gallega de Personas con Discapacidade) ofrecerá servizos individualizados como o diagnóstico e valoración dos trastornos do desenvolvemento psicomotor e cognitivo, linguaxe e comunicación; autonomía e área social e afectiva.

Para solicitar este servizo, as familias deben poñerse en contacto co Departamento de Servicios Sociales a través do correo electrónico  servizos.sociais@arteixo.org; servizossociais@arteixo.org ou borja.rey@arteixo.org ;ou a través do teléfono 619 569 149

 

Ir al contenido