A Seguridade Social modifica a antiga Prestación por fillo menor a cargo que pasa a denominarse Complemento de Axuda á Infancia.
Modifica tamén os criterios económicos de acceso á prestación.
O complemento de axuda á infancia é una prestación económica para aquelas unidades de convivencia que inclúan menores de idade entre os seus membros, sempre que no exercizo inmediatamente anterior ao da solicitude, os ingresos computables, sexan inferiores aos limiares indicados no seguinte recadro e o patrimonio neto sexa inferior ao 150% dos límites fixados na normativa reguladora.
Os límites de ingresos para o acceso á prestación incrementaranse un 22% nos supostos de monoparentalidade e/ou discapacidade.
CONTÍA: O complemento consistirá nunha contía mensual que se establece en función do número de menores da unidade de convivencia, e en función da idade cumprida o día 1 de xaneiro do correspondente exercicio, conforme os seguintes tramos:
– Menores de tres anos: 100 euros.
– Maiores de tres anos e menores de seis anos: 70 euros.
– Maiores de seis anos e menores de 18 anos: 50 euros.
NON PRECISAN SOLICITALA: Poderán percibir este complemento, sen solicitala:
– Os actuais perceptores do Ingreso Mínimo Vital (IMV).
– Os solicitantes de IMV que teñan o expediente en trámite.
– Os beneficiarios da prestación de protección familiar que cumpran os requisitos: trátase dos beneficiarios da asignación económica por fillo ou menor a cargo sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33, cuxa unidade de convivencia estea constituída exclusivamente polos membros que figuren no expediente da prestación por fillo a cargo, sempre que cumpran coas condicións necesarias para o acceso ao complemento de axuda á infancia, e que o importe sexa igual ou superior que o que viñan percibindo, debendo optar por unha das dúas prestacións.
SE PRECISA SOLICITALO: debemos solicitalo do mesmo xeito que solicitamos o IMV
– A través do formulario en liña
– Mediante cita presencial nun Centro de Atención de Información da Seguridade Social (con cita previa) neste enlace.
PODE COMPROBAR SE TES DEREITO ao Complemento de axuda á infancia neste enlace
PARA MÁIS INFORMACIÓN, podes consultar nun Centro de Atención e Información da Seguridade Social (con cita previa) ou no seguinte enlace