O Departamento Servizos Sociais desenvolve o Programa de Inclusión Social destinado a colectivos en situación de especial vulnerabilidade ou en risco social, que inclúe as seguintes prestacións de apoio á inclusión sociolaboral:
SERVIZOS SOCIAIS DESENVOLVE O PROGRAMA DE INCLUSIÓN SOCIAL DESTINADO A COLECTIVOS EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE OU
EN RISCO SOCIAL
REFORZO SOCIOEDUCATIVO
Orientado a proporcionar apoio ao alumnado para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro na etapa da escolarización obrigatoria, reducir o absentismos e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.
FORMACIÓN ADAPTADA
Nesta formación desenvólvense contidos relacionados coas medidas comprendidas na estratexia de inclusión social de Galicia, como a preparación para a adquisición de competencias clave e as accións de alfabetización dixital e informática básica.
PARTICIPACIÓN SOCIAL. INMERSIÓN LINGÜÍSTICA.
Destinada a accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia.
PARTICIPACIÓN SOCIAL. COÑECEMENTO DO FUNCIONAMENTO E COSTUMES DA SOCIEDADE DE ACOLLIDA
Dirixida ao coñecemento do funcionamento e os valores da sociedade de acollida para as persoas inmigrantes.
MEDIACIÓN INTERCULTURAL.
Comprende accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos.
Todas as accións responden á subvención solicitada á Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, e está cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, no seu obxectivo político 4: unha Europa máis social e inclusiva, mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais, prioridade 2: INCLUSIÓN SOCIAL E LOITA CONTRA A POBREZA.