Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

A noite de San Xoán é a noite do lume. Para evitar problemas nesa data festiva o departamento de Seguridade Cidadá ven de publicar as normas de seguridade para solicitar e celebrar as “Cacharelas da Noite de San Xoán 2022”.

O prazo para presentar a solicitude de celebración dunha lumerada comezará o 6 de xuño e se prolongará ata as 14.00 h do día 21 de xuño. Pode facerse de forma presencial, nas dependencias da Policía Local ou a través do correo electrónico cacharelas@arteixo.org achegando o impreso cuberto e a documentación necesaria

A normativa prohibe de forma expresa a celebración de cacharelas na Praza do Balneario, Campo da Festa, zonas peatonais do Concello, e zonas axardinadas municipais. Tampouco poderán facerse lumes en merendeiros ou áreas recreativas.

O texto indica ademáis que a hora límite para rematar a celebración é as 03:30 horas da madrugada e lembra a obriga de limpa-lo espazo autorizado ao remate da actividade.

Ir al contenido