Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Salvamento Arteixo e Clube Natación Arteixo acenderán o nadal o próximo cinco de decembro

/ Salvamento Arteixo e Clube Natación Arteixo acenderán o nadal o próximo cinco de decembro

A programación de Nadal do concello de Arteixo comezará o próximo cinco de decembro co acto de aceso da iluminación do Nadal.

Este acto aprovéitase para render homenaxe a persoas ou institucións de relevancia en Arteixo e nesta ocasión quérese render homenaxe ao clube Salvamento Arteixo e ao Clube Natación Arteixo, destacados representantes do deporte local que acadaron éxitos moi reseñables nos últimos anos.

Aínda que nuns días publicarase a programación de do Nadal completa, o concello volverá instalar o seu Mercado de Nadal e a casiña de Papá Noel e o carteiro real que tamén se abrirá ao público o día 5 ás 19h. Estas iniciativas que uniranse a outras actividades como unha oferta de diversos eventos de lecer infantil nunha carpa que se situará na praza do Balneario e que funcionará durante todo o período de vacacións escolares.