Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Sabón foi o areal máis visitado do verán

/ Sabón foi o areal máis visitado do verán

As praias de Arteixo rexitraron preto de 174.000 visitantes durante a pasada campaña estival. Foi entre os meses de xuño e setembro cando a concellería de Seguridade Cidadá que dirixe José María Sánchez Novo, dispuxo dun operativo composto por 45 persoas adicadas ao salvamento e primeiros auxilios.

Sabón foi o areal máis visitado con preto de 100.000 bañistas, seguido de Barrañán con 27.000; Repibelo con 18.000, Valcobo con 14.000 e Combouzas a onde acodiron 7.000 bañistas.

Neste período rexistráronse 322 incidencias.A maioría reírense a feridas e golpes con 107 rexistros; picaduras de peixe que ascenderon a 85; picaduras de insectos, 11 e 8 rescates no mar.

A seguridade nas praias supón unha inversión de 260.000 € desde mediados de xuño e ata o 19 de setembro. Este dispositivo é unha das razóns polas que Arteixo acadou, un ano máis, 7 bandeiras azuis.

Ir al contenido