O Departamento de Servizos Sociais desenvolve O programa de Inclusión Social coas achegas da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e co financiamento parcial do Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 (O Fondo Social Inviste no teu Futuro), e Feder Galicia 2014-2020 (Unha maneira de facer Europa).
A subvención foi tramitada diante da Dirección Xeral de Inclusión Social, da Consellería de Política Social a través da “ORDE do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, para os anos 2018 e 2019.”