Información municipal actualizada sobre as medidas respecto á COVID-19 aplicadas á cidade e á Administración

 

Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Programa de Inclusión Social destinado a colectivos en situación de especial vulnerabilidade ou en risco social

Inicio > Programa de Inclusión Social destinado a colectivos en situación de especial vulnerabilidade ou en risco social

O Departamento Servizos Sociais desenvolve o Programa de Inclusión Social destinado a colectivos en situación de especial vulnerabilidade ou en risco social, que inclúe as seguintes prestacións de apoio á inclusión sociolaboral:

FORMACIÓN ADAPTADA

Nesta formación desenvólvense contidos relacionados coas medidas comprendidas na estratexia de inclusión social de Galicia, como alfabetización en coñecementos básicos dixitais e a preparación para a adquisición de competencias clave.

REFORZO SOCIOEDUCATIVO

Orientado a proporcionar apoio ao alumnados para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro na etapa da escolarización obrigatoria, reducir o absentismos e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.

As accións responden á subvención concedida pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo específico REACT-UE 2. “Promover la igualdad, la salud y la inclusión social»

 

Ir al contenido