Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa "Impulsa e Despega" para axudar ás pequenas empresas

/ Programa «Impulsa e Despega» para axudar ás pequenas empresas

O concello de Arteixo porá en marcha o próximo mes o programa «Impulsa e Despega», que consiste nunha actividade gratuita onde os interesados aprenderán a manexar un paquete de ferramentas dixitais que os axuden na xestión diaria da empresa. Neste sitio web  está toda a informació. Estes son os detalles máis importantes:

  • Trátase dun programa de axuda ao emprendemento, que busca a profesionalización e revitalización do tecido empresarial local das pequenas empresas, a partir de modelos de negocio baseados no triplo balance, económico, social e ambiental e a axenda 2030 para o desenvolvemento sostible.
  • O programa estrutúrase a partir de un paquete de ferramentas dixitais deseñadas para axudar na xestión do día a día das pequenas empresas.
  • Impulsa é un programa creado para deseñado para axudar ás pequenas empresas, no momento do emprendemento ou cando o proxecto xa está en marcha.
  • É un programa para todas aquelas persoas e proxectos que buscan un equilibrio entre a viabilidade económica, social e ambiental.
  • A inscrición é gratuíta e realizase a través da páxina web da iniciativa.
  • É un programa para todas aquelas persoas que están ao fronte dun pequeno negocio e buscan ferramentas prácticas que lles axuden no día a día.

O programa consta de tres partes:

  1. Evento presencial: Tres xornadas que mesturan encontro, aprendizaxe, reflexión, diálogo e moito traballo práctico. Os días 25 e 30 de marzo e 1 de abril no centro Arteixo Innovación.
  2. Formación grupal: Catro sesións que se celebrarán os días 10 e 20 de Abril e 4 e 15 de Maio. Os horarios e o formato das clases (en liña ou
    presencial) decidirase entre todas as persoas participantes.
  3. Acompañamento e seguimento de proxectos: En liña, entre o luns 27 de marzo e o venres 19 de maio de 2023.
Ir al contenido