Orde do 24 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas de Galicia, a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2023 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios.
Obxectivo:
Incentivar a demanda comercial, axudando economicamente as persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
Actividade subvencionable:
Cada bono desconto terá un valor de ata 30 €, no que o importe irá en función do importe da compra realizada.
Establecementos adheridos:
Os establecementos adheridos deberán rexistrarse nesta web dende o 9 de maio ao 1 de setembro de 2023.
Descarga dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles nesta web para súa descarga polas persoas usuarias desde o 15 de maio ata o 15 de setembro de 2023.