Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa do Bono das persoas autónomas para o ano 2022 da Xunta de Galicia

/ Programa do Bono das persoas autónomas para o ano 2022 da Xunta de Galicia

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS PARA O ANO 2022 (PROCEDEMENTO TR341Q)

Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

 

Obxecto:

Mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas ou sociedades, que cumpran os requisitos de: antigüidade (42 meses), rendemento neto reducido de actividades económicas (inferior a 30.000 €) e facturación anual (mínimo 12.000 €), a través de dúas liñas:

Liña 1: mellora da competitividade a través dalgún dos servizos de: plan estratéxico do negocio, plan de refinanciamento, plan de marketing…………

Liña 2: mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: compra de maquinaria, mellora da eficiencia enerxética, utensilios e ferramentas, reforma do local, equipamentos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas ou páxinas web, deseño de marcao….

Os gastos subvencionables deberán estar realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data marcada na resolución de concesión, en todo caso, antes do 5 de decembro de 2022.

Prazo de solicitudes (por medios electrónicos  https://sede.xunta.gal):

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2022.

 

Ir al contenido