Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa de subvencións Talento 30 da Xunta de Galicia para persoas mozas

/ Programa de subvencións Talento 30 da Xunta de Galicia para persoas mozas

Orde do 1 de abril de 2022 da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e convocatoria pública de subvencións para promover a práctica profesional e a formación en competencias brandas das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, programa Talento 30 (DOG. núm. 75 do 20-04-2022).

Obxecto e liñas:

  • Liña 1: Programa Talento 30 en prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional axeitada ao nivel de estudos das persoas menores de 30 anos desempregadas que estean en posesión de título universitario ou título de grao medio, superior, especialista, máster profesional…
  • Liña 2: Programa Talento 30 formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 desempregadas sen cualificación profesional.

Beneficiarios:

Empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídas as persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten a estas persoas a tempo completo por un período de 12 meses durante o ano en curso.

Prazo de solicitudes (por medios electrónicos https://sede.xunta.gal):

Desde o 21 de abril ata o 30 de setembro de 2022 ou ata o esgotamento de crédito.

Enlace ao DOG

Ir al contenido