AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS CON DESCENDENTES ESCOLARIZADOS NOS NIVEIS OBRIGATORIO OU NON OBRIGATORIO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CONVOCADAS POLA CONCELLARÍA DE IGUALDADE, SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E EDUCACIÓN
CURSO 2023/2024
LIÑA 1 – AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR
Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2023/2024
- Prazo de solicitude: do 22 de agosto ao 15 de setembro 2023
- Documentación a presentar:
De ser o caso, deberase entregar a seguinte documentación nas seguintes situacións familiares:
- Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
- Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
- Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego, se é o caso.
Pode consultar na web municipal a información completa da convocatoria.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
- Na sede electrónica (www.arteixo.org)
- Presencial:
- No departamento de Educación en horario de 9:00 a 14:00 h.
- Atenderase sen cita previa por orde de chegada.
- Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.