Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Procedemento inscrición actividades extraescolares curso 2021/2022

/ Procedemento inscrición actividades extraescolares curso 2021/2022

Desde as Concellarías de Deportes e Educación damos a coñecer o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2021/2022.

Os prazos que rexerán o procedemento de renovación e inscrición son:


Renovación de prazas

Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Actividades Extraescolares no curso 2020-2021, no caso das actividades DEPORTIVAS non se procederá á renovación por estar estas limitadas e procédese a realizar unha oferta normalizada, e no caso das EDUCATIVAS, o procedemento é o seguinte:

  • Prazo: Do 23 ao 29 de xullo, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 h do 29 de xuño.
  • Lugar:
    • Na oficinas do Servizo Municipal de Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas)
    • Solicitándoo a través do correo electrónico educacion@arteixo.org, indicando nome, apelidos, DNI e grupo no que se atopa inscrito/a e solicita a renovación.

 Segundo o artigo 8 da ordenanza nº 34 “prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos”

ARTIGO 8. Normas de xestión. 1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

  1. a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.
  2. b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.

Novas inscricións

  • Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 17 de agosto na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 19 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 20 de agosto na páxina web municipal
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (23 ao 27 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • Deberán achegarse os seguintes documentos:
    • Folla de inscrición.
    • Recibo de pago.
  • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de setembro.
  • Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).

Outras consideracións

  • Comezo das actividades: Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a inscrición.
  • Inscricións
    • Actividades deportivas: Servizo Municipal de Deportes (Complexo Deportivo Municipal de Arteixo) de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659172
    • Actividades educativas: Departamento de Educación (Av dos Bosques 16),de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981647294.
  • Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de 5 participantes para levar a cabo a actividade
  • Servizos complementarios. Ocioteca: dirixida só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
  • Prezo Público e forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.
  • Formas de pago:
    • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
    • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar por alumno sexa superior a 50 €)
      • Xunto coa inscrición: 50 %
      • 1-20 febreiro: 50%
    • A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
    • Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.


Circulares:

Ir al contenido