Desde as Concellarías de Deportes e Educación damos a coñecer o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2021/2022.
Os prazos que rexerán o procedemento de renovación e inscrición son:
Renovación de prazas
Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Actividades Extraescolares no curso 2020-2021, no caso das actividades DEPORTIVAS non se procederá á renovación por estar estas limitadas e procédese a realizar unha oferta normalizada, e no caso das EDUCATIVAS, o procedemento é o seguinte:
- Prazo: Do 23 ao 29 de xullo, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 h do 29 de xuño.
- Lugar:
- Na oficinas do Servizo Municipal de Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas)
- Solicitándoo a través do correo electrónico educacion@arteixo.org, indicando nome, apelidos, DNI e grupo no que se atopa inscrito/a e solicita a renovación.
Segundo o artigo 8 da ordenanza nº 34 “prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos”
ARTIGO 8. Normas de xestión. 1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:
- a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.
- b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.
Novas inscricións
- Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto
- O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
- Exposición de persoas preinscritas: A partir do 17 de agosto na páxina web municipal.
- Sorteo público: 19 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
- Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 20 de agosto na páxina web municipal
- Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (23 ao 27 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
- Deberán achegarse os seguintes documentos:
- Folla de inscrición.
- Recibo de pago.
- De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de setembro.
- Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
- Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).
Outras consideracións
- Comezo das actividades: Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a inscrición.
- Inscricións
- Actividades deportivas: Servizo Municipal de Deportes (Complexo Deportivo Municipal de Arteixo) de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659172
- Actividades educativas: Departamento de Educación (Av dos Bosques 16),de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981647294.
- Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de 5 participantes para levar a cabo a actividade
- Servizos complementarios. Ocioteca: dirixida só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
- Prezo Público e forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.
- Formas de pago:
- Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
- Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar por alumno sexa superior a 50 €)
- Xunto coa inscrición: 50 %
- 1-20 febreiro: 50%
- A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.
- Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.
Circulares:
- CEIP Ponte dos Brozos
- CEIP Arteixo
- CEIP Galán
- CEIP San Xosé Obreiro
- EEI Barrionovo-CEIP Galán
- EEI Barrionovo-específica
- EEI Vilarrodís-CEIP Galán
- EEI Vilarrodís-específica
- EEI Rorís – CEIP Ponte dos Brozos
- EEI Larín-específica
- EEI Larín – CEIP Ponte dos Brozos
- EEI Lagoa-específica
- EEI Lagoa – CEIP Ponte dos Brozos
- EEI Barrionovo específica