Inicio > Procedemento de inscrición ás actividades extraescolares 23/24

/ Procedemento de inscrición ás actividades extraescolares 23/24

Desde as Concellarías de Deportes e Educación comunicamos que o procedemento de inscrición no Programa de Actividades Extraescolares para o vindeiro curso 2023/2024 será o seguinte:


NOVAS INSCRICIÓNS

  • Prazo de preinscrición: do 17 ao 31 de xullo
    • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org.
    • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 4 de agosto na páxina web municipal.
  • Prazo subsanación erros: 7 – 9 de agosto na páxina web municipal.
  • Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 10 de agosto na páxina web municipal.
  • Sorteo público: 11 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
  • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 14 de agosto na páxina web municipal
  • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (16 ao 25 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de setembro.
  • Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
  • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • Comezo das actividades: Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a inscrición.
  • Inscricións
    • Actividades deportivas: Servizo Municipal de Deportes (Complexo Deportivo Municipal de Arteixo) de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659131 e 981659132
    • Actividades educativas: Departamento de Educación (Av dos Bosques 16),de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659121 e 981659122.
  • Número de prazas limitadas. Precísase un número mínimo de 5 participantes para levar a cabo a actividade
  • Servizos complementarios. Ocioteca: dirixida só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.
  • Prezo Público e forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa. O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.
  • Formas de pago:
    • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
    • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar por alumno sexa superior a 50 €)
      • Xunto coa inscrición: 50 %
      • 1-20 febreiro: 50%
    • A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.

Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar  das persoas acompañantes do alumnado que asiste ás actividades extraescolares.

Prezo público:

Actividades extraescolares nos centros escolares
2.2.1 Actividades deportivas extraescolares (dúas horas semanais) por curso
2.2.1.1 Unha actividade 50 €
2.2.1.2 Dúas actividades 75 €
2.2.1.3 Tres actividade 110 €
2.2.1.4 Catro actividades 125 €
2.2.2 Actividades Educativas Extraescolares por curso
2.2.2.1 Actividades 1 hora semanal 25 €
2.2.2.2 Actividades 2 horas semanais 38 €
2.2.2.3 Actividades 3 horas semanais 55 €
2.2.2.4 Actividades 4 horas semanais 65 €
2.2.2.5 Actividades 5 horas semanais 80 €
2.2.2.6 Actividades 6 horas semanais 110 €
2.2.2.7 Actividades 7 horas semanais 120 €
2.2.2.8 Actividades 8 horas semanais 125 €

 



 

Ir al contenido