Unha vez rematado o prazo de matrícula, o Servizo Municipal de Deportes comunica as prazas vacantes nos cursos de verán municipais de surf.
A partir do luns 2 de xuño admitiranse inscricións directas, ben presencialmente no Servizo Municipal de Deportes (de luns a venres de 09.00 a 14.00 h) ou entregando a solicitude que se anexa na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. Non se admitirán solicitudes recibidas antes do 2 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo