O Concello dispón de prazas dispoñibles para os cursos de formación do Programa Integrado de Emprego (PIE) 2022-2023 que comenzarán a mediados do próximo mes de xaneiro.
As prazas vacantes pertencen aos itinerarios formativos de atención ao cliente/caixeiro, operario de almacén, limpeza, xestión loxística e operario de carpintería metálica.
Estes itenerarios completaranse con accións formativas de: prevención de riscos laborais, orientación laboral, emprendemento, manipulador de alimentos e peixe, marca personal/coaching e prácticas en empresas.
Os participantes contarán cunha beca de 7€ por día de asistencia e medidas de conciliación.
Este novo proxecto, quepon en marcha o departamento de Promoción Económica que dirixe Ángel Vázquez, beneficiará un total de 100 persoas desempregadas de Arteixo dos seguintes colectivos: mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.