O obxectivo é apoiar a inserción laboral das persoas desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.
Poden optar a estas axudas as empresas, empregadores ou fundacións e entidades sen ánimo de lucro para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.
Consulta as bases neste enlace