Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Plan Galicia Emprega 2023

/ Plan Galicia Emprega 2023

Orde da Consellería de Emprego e Igualdade do 10 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria para o ano 2023 (DOG. núm. 21 do 31-01-2023).

Obxecto e finalidade:

Incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas que pertenzan a  colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. Os incentivos poderán referirse a:

  • contratación indefinida inicial, a tempo parcial ou completo
  • incremento de xornada das contratacións indefinidas de tempo parcial a tempo completo,
  • incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos,
  • para adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

Ámbito temporal

Contratacións realizadas entre o 01-10-2022 e o 29-09-2023.

Prazo de solicitudes

Desde o 1 de febreiro ao 29 de setembro de 2023, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Enlace ao DOGA

Ir al contenido