Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Paintball e un obradoiro de «Lettering» ofertas de ocio do departamento de xuventude para o mes de Novembro

/ Paintball e un obradoiro de «Lettering» ofertas de ocio do departamento de xuventude para o mes de Novembro

Se tes entre 12 e 30 anos e resides no concello, podes participar nas actividades que programa o  departamento de Xuventude para o próximo mes de novembro.

As propostas inclúen unha xornada de «paintball» que terá luhar o próximo 6 de novembro. Costará 10 euros e inclúe, ademáis da actividade, o transporte e o monitorado. A saída está prevista as 11 h da Oficina de Turismo.

O 20 de novembro terá lugar un obradoiro de «Lettering» ou a arte de debuxar letras. Será ás 10 da mañá na aula do campo de fútbol de herba artificial de Arteixo. Tamén ten un prezo de 10 €

Os interesados poden inscribirse entre o 18 e o 26 de outubro cubrindo este formulario ou entregando este impreso na oficina do Servizo Municipal de Deportes. Tamén poden envialo a xuventude@arteixo.org.

Para máis información poden chamar ao 981.659.180

Ir al contenido