O Concello impulsa unha nova edición dos campionatos de tute nos centros municipais, promovendo o lecer activo, a convivencia e a tradición do xogo de cartas entre as persoas maiores.
No Centro Interxeracional do Balneario celebrarase o XXV Campionato de Tute, mentres que o Centro Sociocultural de Meicende acollerá o IX Campionato de Tute.
Ambos torneos contan con prazas limitadas: 16 parellas e 6 suplentes (por orde de inscrición), e están dirixidos a persoas maiores de 55 anos.
Centro Interxeracional do Balneario
-
Preinscrición: 2, 3 e 4 de marzo no Centro de Maiores A Baiuca
-
Pagamentos: 5 e 6 de marzo, de 10:00 a 13:00 h
-
Custe: 5 euros
-
Inicio do campionato: martes 10 de marzo
-
Día e hora de xogo: martes de 16:00 a 19:00 h
Centro Sociocultural de Meicende
-
Preinscrición: 2, 3 e 4 de marzo no propio centro
-
Pagamento: venres 6 de marzo, de 09:30 a 12:00 h
-
Custe: 5 euros
-
Inicio do campionato: mércores 11 de marzo
-
Día e hora de xogo: mércores de 16:00 a 19:00 h
