Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os alumnos do Programa Integrado de Emprego finalizan o seu período de prácticas en empresas

/ Os alumnos do Programa Integrado de Emprego finalizan o seu período de prácticas en empresas

Posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral é o principal obxectivo do Programa Integrado de Emprego que leva a cabo o concello e no que predominan as prácticas en empresas e a intermediación laboral e a preparación individual de curriculums e entrevistas de traballo, para a mellora da empregabilidade dos participantes no Programa.

Os alumnos que formaron parte deste programa no exercicio 2021/2022 remataron recentemente o período de prácticas laborais en empresas.

As prácticas laborais supoñen unha experiencia extraordinaria para desenvolver os coñecementos teóricos adquiridos ao longo dos diferentes cursos no mundo laboral real ao tempo que, en moitos dos casos, supoñen para os beneficiarios un primeiro contacto co mundo laboral. Do mesmo xeito, as prácticas representan unha inmellorable oportunidade para expoñer nos distintos centros de traballo aptitudes persoais e profesionais que acaban por convencer aos empregadores e que, moitas veces, convértense nun contrato de traballo.

O Concelleiro de Promoción Económica, Angel Vázquez Sande agradece especialmente ás seguintes empresas que, de xeito desinteresado, brindáronse a colaborar co Concello de Arteixo, acollendo nos seus centros de traballo ao alumnado do Programa Integrado de Emprego:

Sector de hostalería:

– O XARDÍN DE ÁRBORE, S.L.U.

– FIRE CAPITANO

– RESTAURANTE A BANQUETA

– CERVECERÍA LA CUESTA

– JARDANAY, S.L.

– SERUNIÓN SERVICIOS, S.L.

– FECHORIAS DE BEA, S.L.

– RESTAURANTE A CAPELA

– RESTAURANTE PARAISO

– RESTAURANTE A BARRACA

Sector de limpeza:

– AQUAFIT GESTIÓN, S.L.

– SAMYL FACILITY SERVICES, S.L.

– MULTISERVICIOS PyA

Sector de Operario de Peixe e Carne:

– ALCAMPO, S.A.

– PORTGALICIA, S.L.U.

– EROSKI

– PESCADERÍA MARI LUZ

– CARNICERÍA CALVETE

Sector de Loxística/Almacén:

– DIFER GALICIA, S.L.

– TESSEIN, S.A.

– GRUPO LECHE RIO, S.A.

– AD GRUPO REGUEIRA, S.A.U.

– ABN PIPE DISTRIBUCIÓN, S.L.U.

– DISTRIBUCIONES EXCLUSIVAS TAMBO, S.L.

– BIOANFER, S.L.U.

– VIGO CASA Y HOGAR, S.L.

– GRAFORSA

Sector de Caixeiro/Atención ao cliente:

– MERCARTABRIA, S.A.U. (GADISA)

– IKEA IBÉRICA, S.A.

– VEGO SUPERMERCADOS, S.A.U. (EROSKI)

 

Ir al contenido