O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso do administrador concursal da extinta Augarsa na que esixía ao concello o pago de 1,367.440€ que supostamente tiña que satisfacer esta administración en concepto de «ingresos pendentes» dos recibos da auga entre 2005 e 2013 e que supoñían un total de 422.750€. Tamén reclamaba o importe dos recibos pendentes de 2013, por 227.915€ e unha terceira cantidade de 716.775€ relativa, según o administrador concursal, aos gastos de mantenemento de varias estacións de bombeo.
A defensa xurídica do concello sempre mantivo que estas débedas non eran imputables á administración local e que ademáis a súa simple inclusión no inventario de bens de Augarsa realizado polo administrador concursal en 2013, non eran constitutivos de un dereito de cobro. Tamén alegou o Concello que existira unha prescripción da petición de cobro de 1.37 milóns de euros por parte do administrador concursal, e que tampouco existía ningunha infracción nas decisións administrativas tomadas por parte do concello.
A sentencia libera polo tanto ao concello da solicitude do administrador concursal.
O Concello lembra ademáis que, a finais de 2021, esta administración chegou a un acordo con Aqualia sobre unha proposta de resolución extraxudicial do contencioso no que discutíanse outros pagos pendentes tra-la disolución da empresa mixta Augarsa en 2013. Esta proposta motivou que Aqualia acordase co concello o pago dun total de 9.667.379 euros que xa foron ingresados nas arcas municipais.