O servizo de transporte municipal ás praias retoma a súa actividade o próximo 15 de xuño con tres liñas diferenciadas.
Este verán súmase ás dúas liñas xa establecidas, desde o núcelo de Arteixo ás praias de Sabón e Barrañán, esta con parada en Valcovo; unha terceira que unirá os núcelos de Meicende, Pastoriza e Vilarrodís coas praias por primeira vez.
A intención do concello é que as praias estén comunicadas con moitas posibilidades horarias e paradas en distintos núcleos.