Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O tradicional concurso de escaparates de Nadal chega á súa vixésima edición

/ O tradicional concurso de escaparates de Nadal chega á súa vixésima edición

A Concellería de Promoción Económica, participación, xuventude e novas tecnoloxías,  pon en marcha a XX Edición do Concurso de escaparates de Nadal co que se pretende axudar á promoción de comercio local e incentivar a súa modernización e mellora ademáis de animar ós compradores nas datas navideñas.

Poden participar todos os comercios, servizos e hostalaría que desenvolvan a súa actividade no noso termo municipal. Os interesados teñen de prazo para se inscribir entre o 2 e o 15 de decembro.

Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates, con motivos navideños, cando menos entre o 5 de decembro e o 7 de xaneiro de 2025. Un xurado examinará as creacións a partir do 17 de decembro entre as seis da tarde e as nove da noite.

O Concello repartirá máis de 3000 euros en premios. Serán 1000 euros para o mellor escaparate; 800 para o segundo; 500 para o terceiro e un accésit á orixinalidade dotado con 450 euros. Tamén haberá un premio de 900 euros para o escaparate que obteña a maior votación popular.

Pódesde descarregar a folla de inscrición e consultar as bases completas neste enlace

Ir al contenido