Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O programa de actividades sociais comeza o 1 de outubro

/ O programa de actividades sociais comeza o 1 de outubro

Os centros sociais abren o 1 de outubro para comezar o programa de actividades do curso 22/23. Serán 15 modalidades de actividades, repartidas en 87 grupos polos Centros Sociais das parroquias de Arteixo

Tras o prazo de inscrición ordinario no mes de xuño e o prazo de vacantes en setembro, consolídanse as 15 modalidades de actividades, repartidas en 87 grupos:

3 de Arte Floral , 1 de Baile Moderno , 14 de Bailes de Salón ,  10 de Bolillos , 4 de Canto, 4 de Costura , 1 de Danzas do Mundo ,  17 de Estimulación Articular, 1 de  Expresión Teatral , 8 de Labores , 4 de Manualidades , 6 de Pandeireta , 1 de Patchwork  , 9 de  Pintura , 3 de  Restauración e 2 de Sevillanas

Ao longo de todo o curso, continuará aberta a posibilidade de matricularse nas actividades, naquelas actividades que continúen con prazas vacantes. O horario de matrícula, a partir do 15 de outubro, será: luns de 9:30 a 13:30, no Centro “A Baiuca “.

Pódese consultar o programa de actividades neste enlace Terán que cubrir este modelo de solicitude

Tamén pódese comunicar co correo baiuca@arteixo.org ou co teléfono 981 659 095 para obter máis información.

 

 

Ir al contenido