Os centros sociais abren o 1 de outubro para comezar o programa de actividades do curso 22/23. Serán 15 modalidades de actividades, repartidas en 87 grupos polos Centros Sociais das parroquias de Arteixo
Tras o prazo de inscrición ordinario no mes de xuño e o prazo de vacantes en setembro, consolídanse as 15 modalidades de actividades, repartidas en 87 grupos:
3 de Arte Floral , 1 de Baile Moderno , 14 de Bailes de Salón , 10 de Bolillos , 4 de Canto, 4 de Costura , 1 de Danzas do Mundo , 17 de Estimulación Articular, 1 de Expresión Teatral , 8 de Labores , 4 de Manualidades , 6 de Pandeireta , 1 de Patchwork , 9 de Pintura , 3 de Restauración e 2 de Sevillanas
Ao longo de todo o curso, continuará aberta a posibilidade de matricularse nas actividades, naquelas actividades que continúen con prazas vacantes. O horario de matrícula, a partir do 15 de outubro, será: luns de 9:30 a 13:30, no Centro “A Baiuca “.
Pódese consultar o programa de actividades neste enlace Terán que cubrir este modelo de solicitude
Tamén pódese comunicar co correo baiuca@arteixo.org ou co teléfono 981 659 095 para obter máis información.