Ler conta moito. A rede de bibliotecas municipal retoma en setembro a súa campaña de animación á lectura.
As actividades, contacontos e bebecontos, desenvolveranse sempre ás 18.30 h no caso dos contacontos; e ás 11.30 h no caso dos bebecontos.
Cada actividade terá aforo máximo. Será de 10 nenos entre 4 e 11 anos no caso dos contacontos; e de 6 bebés, entre 1 e 3 anos, acompañados por unha persoa adulta, no caso dos bebecontos.
As inscricións pódense formalizar na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”