O Nadal de Arteixo volverá a contar, para este 2024, con dúas das principais atraccións para todas as idades.
O paseo fluvial acollerá, desde este próximo xoves 5 de decembro, unha nova edición do Mercado de Nadal que poderá visitarse os sábados e domingos en horario de 11:30 a 14:30 e 16:30 a 20:30h; e os Luns, Martes, Xoves e Venres de 16:30 a 20:30h
No mesmo escenario ubicaremos a exitosa Casiña de Papá Nöel que recibirá aos máis pequenos entre o 5 e o 24 de decembro. Os sábados e Domingos en horario de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30h; e xoves e venres de 17.30 a 20.30h
A rapazada tamén poderá visitar a Casiña do Carteiro Real entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro. Sábados e Domingos: 11:30 a 13:30 e 17:30 a 20:30h e xoves e venres de 17:30 a 20:30h