A Concellería de Promoción Económica, participación, xuventude e novas tecnoloxías, pon en marcha a XIX Edición do Concurso de escaparates de Nadal co que se pretende axudar á promoción de comercio local e incentivar a súa modernización e mellora ademáis de animar ós compradores nas datas navideñas.
Poden participar todos os comercios, servizos e hostalaría que desenvolvan a súa actividade no noso termo municipal. Os interesados teñen de prazo para se inscribir ata o 12 de decembro.
Os participantes deberán ter decorados os seus escaparates, con motivos navideños, cando menos entre o 4 de decembro e o 7 de xaneiro de 2024. Un xurado examinará as creacións a partir do 19 de decembro entre as seis da tarde e as nove da noite.
O Concello repartirá máis de 3000 euros en premios. Serán 1000 euros para o mellor escaparate; 800 para o segundo; 500 para o terceiro e un accésit á orixinalidade dotado con 450 euros. Tamén haberá un premio de 900 euros para o escaparate que obteña a maior votación popular.
Pódesde descarregar a folla de inscrición e consultar as bases completas neste enlace