Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello urbaniza como plataforma única sete rúas do centro urbano

/ O Concello urbaniza como plataforma única sete rúas do centro urbano

Mellorar a accesibilidade, humanizar o entorno i eliminar barreiras son algúns dos obxectivos da actuación que o concello acometerá na confluencia das rúas avenida do Balneario, rúa Xeneral Mosquera Palleiro, praza Maestro Cándido, paseo do Balneario, paseo fluvial  e rúa Alcalde Baldomero González.

Trátase de convertilas en plataforma única para situar ao mesmo nivel as actividades urbanas de tránsito peonil e de vehículos. Esta solución constructiva elimina os bordillos que delimitan a diferencia de cota entre a beirarrúa e a calzada que sitúanse ao mesmo nivel. Ao se tratar dunha zona de convivencia entre vehículos e peóns, procederase á delimitación de espazos, coa diferenciación de pavimentos tanto en texturas como en cor e o uso de elementos de mobiliario urbán como bancos, xardiñeiras ou aparcabicis, para diferenciar os distintos espazos de actuación. 

O novo proxecto nace do recentemente aprobado Plan de Accesibilidade de Arteixo que  pretende, entre outras cousas, detectar as zonas de maior urxencia de actuación en zonas de accesibilidade. O plan detalla actuacións que suman un presuposto de 5,8 millóns de euros ata 2024 e inclúe fichas detalladas de diversas zonas do concello sobre as que se actuará. O obxectivo da accesibilidade universal é a eliminación das barreiras que impiden o acceso de todas as persoas ao seu entorno físico e ás redes de servizos e dotacións. O plan de accesibilidade dimensiona económicamente e temporalmente as actuacións que fan posible a eliminación destas barreiras.

 

Ir al contenido