Mellorar a accesibilidade, humanizar o entorno i eliminar barreiras son algúns dos obxectivos da actuación que o concello acometerá na confluencia das rúas avenida do Balneario, rúa Xeneral Mosquera Palleiro, praza Maestro Cándido, paseo do Balneario, paseo fluvial e rúa Alcalde Baldomero González.
Trátase de convertilas en plataforma única para situar ao mesmo nivel as actividades urbanas de tránsito peonil e de vehículos. Esta solución constructiva elimina os bordillos que delimitan a diferencia de cota entre a beirarrúa e a calzada que sitúanse ao mesmo nivel. Ao se tratar dunha zona de convivencia entre vehículos e peóns, procederase á delimitación de espazos, coa diferenciación de pavimentos tanto en texturas como en cor e o uso de elementos de mobiliario urbán como bancos, xardiñeiras ou aparcabicis, para diferenciar os distintos espazos de actuación.
O novo proxecto nace do recentemente aprobado Plan de Accesibilidade de Arteixo que pretende, entre outras cousas, detectar as zonas de maior urxencia de actuación en zonas de accesibilidade. O plan detalla actuacións que suman un presuposto de 5,8 millóns de euros ata 2024 e inclúe fichas detalladas de diversas zonas do concello sobre as que se actuará. O obxectivo da accesibilidade universal é a eliminación das barreiras que impiden o acceso de todas as persoas ao seu entorno físico e ás redes de servizos e dotacións. O plan de accesibilidade dimensiona económicamente e temporalmente as actuacións que fan posible a eliminación destas barreiras.